O estaleiro de Ribeira
Estes últimos días reavivouse a polémica do asteleiro de Ribeira da Banda do Río. A iniciativa da Asociación Cultural Os Galos de acadar a continuidade desta empresa tradicional galega reconvertida en escola taller fixo reaccionar aos veciños da zona para que se continúe cos trámites de demolición.
Non se pode nin se debe esquecer que a carpintería de ribeira é un patrimonio cultural que debemos conservar e que o estaleiro de ribeira de Bueu é un dos poucos que se conservan en Galicia e máis aínda próximos a un museo mariñeiro como é o caso do Museo Massó. Non sería nada complicado nin de tolos tratar de integrar esta industria tradicional dentro da futura prolongación do museo. Porque non se pode esquecer que a utópica prolongación do paseo pola fachada marítima da Banda do Río é inviable porque as vivendas que está á altura do estaleiro o impiden.
Non estou de acordo con que a nave se convirta nunha escola obradoiro como propoñen os dos Galos pero si sería posible remodelar a nave e convertela nun museo que poida ser visitado polos veciños e os visitantes que se acheguen a Bueu, sería un complemento moi interesante para o Museo Massó, e unha forma de conservar o noso patrimonio. Non tería xustificación a outra lugar porque perdería o seu cerne e as súas características.
Así pois, a conservación sería posible no propio entrono como un pequeno museo visitable, mesmo mercando os metros de titularidade privada que existen dentro do estaleiro e liberando a parte pública para paseo. Sempre é máis doado evidentemente destruír que manter o patrimonio, pero non se pode esquecer que o utópico paseo ata o Can do Penedo é unha ilusión porque as vivendas xa construídas o impiden.

1 Comments:
Bonjour, aletofilo.blogspot.com!
[url=http://escialisonline.fora.pl/ ] cialis [/url] [url=http://cialismasbarata.fora.pl/ ]vendo cialis en espana[/url] [url=http://esviagra.fora.pl/ ]comprar viagra online[/url] [url=http://viagraespana.fora.pl/ ]comprar viagra online[/url] [url=http://viagraes.fora.pl/ ]comprar viagra en espana[/url] [url=http://viagramedica.fora.pl/ ]comprar viagra online[/url]
Enviar um comentário
<< Home